Membros da Corporación Municipal e Protección
Civil que participaron na xornada
Civil que participaron na xornada
O Concello de Fene, en colaboración con distintas sociedades medio ambientais do termo municipal e comarca - Adega, Aetna e Los Delfines - e a empresa Tragsa, acometeron o pasado domingo 27 de setembro a limpeza do río Vaa e Cádavo, iniciativa que se enmarca na VIII xornada de limpeza simultánea de ríos “Móllate polos ríos”, impulsada por Adega no marco do Proxecto Ríos.
Esta campaña, que se desenvolverá en 40 concellos de toda Galicia, pretende concienciar á poboación na conservación do medio ambiente, á par que se busca librar as canles dos ríos de entullos e restos contaminantes.