Nomeamentos do novo Goberno Municipal
10-04-2018
Os decretos poden consultarse integramente nos enlaces achegados.
Na resolución da alcaldía 390/2018 do 10/04/2018 noméase como membros da Xunta de Goberno Local do Concello de Fene ós seguintes concelleiros e concelleiras:
- Rocío Aurora Bértoa Puente
- Xoán Manuel Rodríguez Bastida
- Juan José Franco Casal
- Andrés Serantes Painceiras
- Juana Barro Couto
Nesta resolución tamén noméase como Tenentes de Alcalde, e pola orde que a continuación se indica, aos/ás Concelleiros/as membros da Xunta de Goberno Local seguintes:
1ª Tenente de Alcalde: Rocío Aurora Bértoa Puente
2º Tenente de Alcalde: Xoán Manuel Rodríguez Bastida
3º Tenente de Alcalde: Juan José Franco Casal
4º Tenente de Alcalde: Andrés Serantes Painceiras
5ª Tenente de Alcalde: Juana Barro Couto
Na Resolución da Alcadía 393/2018 do 10/04/2018 apróbanse axustes na áreas de goberno e confírense as seguintes delegacións xenéricas e especiais:
Delegacións xenéricas
I Delégaselle a Área de Desenvolvemento Territorial e do Medio ao concelleiro Juan José Franco Casal
II Delégaselle a Área de Organización e Seguridade ao concelleiro Andrés Serantes Painceiras.
III Delégaselle a Área de Dinamización Económica á concelleira Rocío Aurora Bértoa Puente
IV Delégaselle a Área de Dinamización Social e Transparencia ao concelleiro Xoán Manuel Rodríguez Bastida
Delegacións especias
I Conferir a delegación especial das subáreas de Urbanismo e Vivenda (Área de Desenvolvemento Territorial e do Medio), Formación e Emprego (Área de Organización e Seguridade) e Turismo (Área de Dinamización económica) no concelleiro Juan José Franco Casal.
II Conferir a delegación especial das subáreas de Obras (Área de Desenvolvemento Territorial e do Medio), Medio Ambiente (Área de Desenvolvemento Territorial e do Medio)e Promoción Económica (Área de Dinamización Económica) no concelleiro César Daniel Castro García.
III Conferir a delegación especial da subárea de Persoal ( Área de Organización e Seguridade) ao concelleiro Alejandro Jorge Gutiérrez Sánchez
IV Conferir a delegación especial da subárea de Servizos ( Área de Organización e Seguridade) ao concelleiro José Andrés Serantes Painceiras.
V Conferir a delegación especial das subáreas de Seguridade (Área de Organización e Seguridade), Facenda e Patrimonio (Área de Dinamización económica) e Cultura (Área de Dinamización social e Transparencia) á concelleira Rocío Aurora Bértoa Puente.
VI Conferir a delegación especial das subáreas de Xuventude e Ensino (Área de Dinamización social e Transparencia) á concelleira Ana María Novo Picos
VII Conferir a delegación especial das subáreas de Deportes e Participación e información cidadá, transparencia e comunicación (Área de Dinamización social e Transparencia) ao concelleiro Xoán Manuel Rodríguez Bastida
VIII Conferir a delegación especial das subáreas de Protección Civil (Área de Organización e Seguridade) e Benestar Social e Igualdade (Área de Dinamización social e Transparencia) á concelleira Juana Barro Couto.