Publicadas as novas restriccións en toda Galicia e que, ademais, significarán novas medidas para o concello de Fene
05-11-2020
A Xunta publicou unha orde e máis un decreto que incrementan desde hoxe mesmo as restricións en toda Galicia e que, ademais, significarán novas medidas para o concello de Fene e o resto de municipios da ría a partir a medianoite do venres ao sábado (ata daquela seguen en vigor as ditadas hai uns días).
-Mantense o toque de queda entre as 23.00 e as 06.00h., salvo para as actividades previstas na normativa: laborais, desprazamento para o coidado de persoas, etc.
-Mantense tamén o peche perimetral dos concellos de Fene, Ferrol, Narón e Neda, aos que a partir das 00.00h. deste 7 de novembro tamén se unen Ares e Mugardos. Iso sí, a veciñanza poderá seguir movéndose entre eles sen saír do seu límite conxunto e saír por razóns laborais, administrativas, etc., que deben estar xustificadas. Tamén se permite o paso por estes territorios a persoas non residentes que vaian en tránsito cara a outros lugares.
-Reunións de persoas en espazos públicos e privados limítanse a un máximo de 6 persoas (antes eran 5), que deberán ser convivintes.
-A partir das 00.00h. do 7 de novembro -a medianoite do venres ao sábado- entra en vigor o PECHE DE BARES, RESTAURANTES, CAFETARÍAS E SALÓNS DE BANQUETES -tamén bingos, locais de ocio nocturno, salas de xogos, etc.- que só poderán atender repartindo a domicilio ou con recollida no local.
-O comercio continuará, con carácter xeral, cunha limitación do 50% da súa capacidade. Inclúese autoescolas, academias e centros de ensino ou formación non regrada. En parques comerciais limitarase a un 33% a capacidade dos espazos comúns, que só poderán utilizarse como lugar de paso entre establecementos. En todo caso deberase establecer un horario preferente para maiores de 75 anos, a quen se lles recomenda non frecuentar lugares concorridos no caso de que non poidan usar máscara por razóns médicas ou outro tipo de incompatibilidade xustificada.
-Museos, bibliotecas e salas de exposicións non poderán facer actividades culturais en grupo, salvo que sexan persoas convivintes (6 máximo).
-Centros cívicos: só poderán ocupar o 50% da súa capacidade e as actividades están rextrinxidas a grupos máximos de 6 persoas, sexan ou non convivintes. Enténdese que neles non pode haber servizos de restauración ou bar, se se estivesen ofrecendo.
-Actividades de cines e auditorios, actividades deportivas con público (sempre sentado), congresos...: ao 50% da súa capacidade e máximo 30 persoas en espazos pechados e 75 en espazos abertos. Poden seguir abertos pavillóns deportivos e ximnasios.
-Deporte non federado ao aire libre: individual ou en grupo... sempre que o grupo sexa como máximo de 6 persoas convivintes. En instalacións pechadas -centros deportivos- actividade individual e límite dun 50% da súa capacidade.
-Lugares de culto: máximo 25 persoas. Non se poderán facer celebracións na vía pública
-Velatorios: limitados a 25 persoas ao aire libre ou 10 en interior en cada momento.
-Enterros: só poderán asistir, como máximo, 25 persoas entre familiares e achegadas, ademais de quen oficie.
ESTAS RESTRICIÓNS -e o resto que se recollen no Diario Oficial de Galicia- MANTERANSE VIXENTES, POLO MENOS, ATÉ O 4 DE DECEMBRO.
Desde o Concello pídeselle á veciñanza que se extremen as precaucións en canto a distanciamento interpersoal, hixiene de mans e respiratoria, ao tempo que se apela á responsabilidade individual para o cumprimento rigoroso das normas en vigor.
Ligazóns
- DECRETO 179/2020, do 4 de novembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no
- ORDE do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.