Juan José Cabana Rey
Presidente
O Presidente da asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, presidindo as sesións que celebren unha e outra. Será privativo do Presidente:
1. Convocar, presidir e levantar as sesións da Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, tanto ordinarias como extraordinarias, dirixir as deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en caso de empate.
2. Asinar as actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociación xunto co Secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.
3. Cumprir e facer cumprir todos os acordos tomados en Xunta.
4. Visar e asinar todas as contas que haxan de ser pagadas ou cobradas pola asociación
5. Asinar as comunicacións de importancia e, xuntamente co secretario, os títulos e nomeamentos de toda clase
6. Comunicar á Vicepresidenta cando haxa de se encargar da Presidencia, con expresión da causa que o esixa.
7. Propoñer o plan de actividades da asociación á Xunta Directiva impulsando as súas tarefas.
8. Ordenar os pagamentos acordados validamente.
9. Representar á asociación perante calquera organismo público ou privado.
Antonio Seijo Souto
Vicepresidente
O Presidente será asistido nas súas funcións por unha Vicepresidentea, que, ademais, substituirá a este nos casos de enfermidade, ausencia ou renuncia, exercendo todas as funcións e disfrutando das mesmas prerrogativas que ó Presidente lle confire o presente regulamento.
Inés Roca Requeijo
Secretaria
Será de incumbencia do Secretario:
1. Asistir a todas as Xuntas, levando acta de todas elas, que asentará no libro correspondente, unha vez aprobadas, as que asinará xuntamente co Presidente e a Xunta Directiva.
2. Ter ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade.
3. Levar o libro-rexistro da asociación, no que procurará apuntarapuntará con exactitude as altas e baixas dos socios da mesma.
4. Dirixir e custodiar o arquivo social, libros, selos sociais e demais, que por mor do seu cargo lle corresponden.
5. Despachar e levar a diario a correspondencia; asinar as citacións para as Xuntas e todas as comunicacións que foran necesarias.
6. Facilitar os datos e antecedentes que, con respecto á asociación, lle pidan @s asociad@s.
7. Redactar a Memoria Anual da asociación, que poñerá a disposición da Xunta Directiva para a súa presentación á aprobación da Xunta Xeral.
8. Notificar as convocatorias, custodiar as actas e expedir certificacións das mesmas co visto e prace do Presidente.
José Ángel Bermúdez López
Tesoureiro
Correspóndenlle ó Tesoureiro:
1. Dirixirá a contabilidade da asociación.
2. A custodia e responsabilidade dos fondos
3. Recibirá a recadación das cotas sociais e de toda clase de ingresos pertencentes á asociación.
4. Fará todos os pagamentos sociais, sempre que foran autorizados coas sinaturas do Presidente e Contador.
5. Asinará todos os documentos de cobro.
6. Elevará un libro de caixa, no que especificará con toda claridade, sen raspaduras, borróns, nin entreliñas, todos os ingresos e saídas da asociación. Non deixará espazos en branco, facendo todas as anotacións por orde correlativa e cronolóxica
7. Presentará todos os meses o resultante do activo e pasivo da asociación á Xunta Directiva.
8. Ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario o 31 de decembro.
María Elena Carpente Rey
Vocal
Correspóndelle:
1. A obriga de asistir ás Xuntas.
2. Realizar con dilixencia e celo todas as comisións para as que foran elixidos, así como programas e propostas na súa área de actuación
3. Substituír, en caso de necesidade e de xeito eventual, ós cargos de mosa, seguindo a orde pola que están designados.
María José Alvariño González

Xiao Couto García

José Antonio García López