Área de Formación e Emprego Pancho Allegue

No ano 1986 a Comisión de Servizos Sociais planificaba o primeiro proxecto de escola Ocupacional, da que despois xurdían os primeiros cursos de Formación Ocupacional, e no ano 1988 o INEM concedía a categoría de Centro colaborador e homologaba a maior parte das especialidades, creándose a comisión de Formación Ocupacional no organigrama do Concello de Fene.

En 1993 a comunidade Autónoma de Galicia asume as funcións e servizos do Estado en materia de xestión da Formación Profesional Ocupacional, sendo dende entón o Concello de Fene Centro Homologado para impartir formación ocupacional.

Ligazóns