Co horizonte de dinamizar os recursos locais en función da promoción das posibilidades que ofrece o desenvolvemento económico sustentable e a creación de emprego no ámbito local, a área de Promoción Económica organiza actividades destinadas a dinamizar o tecido produtivo do municipio e os seus distintos sectores de actividade,
Os obxectivos finais son promover e coordinar os recursos e potencialidades do Concello de Fene para fomentar o emprego e o desenvolvemento local e social, a promoción económica e a mellora da calidade de vida da cidadanía,

- Desenvolvemento do espírito da cultura emprendedora
- Apoio ás políticas activas de emprego
- Análise e diagnose da realidade socio-económica
- Colaboración, asesoramento técnico e optimización da viabilidade das iniciativas empresariais
- Promoción da formación ocupacional e continua como medios de mellorar a empregabilidade dos traballadores/as en activo e desempregados/as
- Promoción da xeración do emprego, facilitando o achegamento dos/as desempregados/as ao mercado laboral