No mellor lugar dos concellos de Fene e Cabanas, na provincia da Coruña, a 4 quilómetros de Fene e a 6 quilómetros de Cabanas, a actuación industrial Vilar do Colo é o resultado da colaboración entre os Concellos de Fene e Cabanas e o SEPES
Cómpre salientar as importantes comunicacións con que conta o polígono:
- Acceso desde a Autopista A-9 e desde a vía rápida VG-12 Ares-Mugardos.
- Aeroporto da Coruña a 38 quilómetros e o de Santiago de Compostela a 80 quilómetros.
- Estación de ferrocarril en Ferrol a 8 quilómetros.
- Os portos máis próximos de Ferrol e A Coruña.
O polígono industrial de Vilar do Colo conta cunha superficie bruta de 852.518 m2 , dos que 294.055 m2 forman parte da 1ª fase e 558.463 m2 completan a 2ª fase. O número total de parcelas é de 154, das que 74 están en Fene e 80 en Cabanas.