Formación ocupacional

En marzo de 1993 a Comunidade Autónoma de Galicia asume as funcións e servizos do Estado en materia de xestión da Formación Profesional Ocupacional, sendo dende entón o Concello de Fene Centro Homologado para impartir formación ocupacional.

O obxectivo da formación profesional ocupacional é cualificar a persoas desempregadas para a súa integración no mercado laboral.

Cursos homologados

Os beneficiarios/as destes cursos son desempregados inscritos no Servizo Público de Emprego (S.P.E.) en data anterior a súa incorporación ó curso.

Escolas obradoiro

As escolas obradoiro teñen por obxecto a adquisición de formación profesional e práctica laboral dos mozos/mozas desempregados/as menores de 25 anos, mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social, que posibiliten a súa posterior inserción laboral, xa sexa a través do emprego por conta allea ou mediante a creación de proxectos empresariais.

Durante a primeira etapa (seis primeiros meses) os alumnos/as reciben formación profesional ocupacional según o plan formativo incluído na memoria do proxecto; durante a segunda etapa formativa (períodos semestrais) os alumnos/as complementan a súa formación en alternancia co traaballo e a práctica profesional mediante un contrato laboral coa entidade promotora.

Escola Obradoiro I
Datas de inicio e remate: Do 13/07/1992 ó 12/07/1995.
Especialidades: Cantaría, albanelería, xardinería e carpintería de madeira.
Número de alumnos: 60 (15 por especialidade).
Obras realizadas: Rehabilitación da ribeira do río Cádavo, rehabilitación da fronte marítima de Barallobre-Maniños e rehabilitación da fronte marítima de San Valentín.

Escola Obradoiro II
Datas de inicio e remate: Do 20/12/1996 ó 19/12/1998.
Especialidades: Carpintería metálica, soldadura, albanelería, colocación de pedra, xardinería, recursos forestais e carpintería de madeira.
Número de alumnos: 40 (10 por especialidade).
Obras realizadas: Parque de educación viaria (Barallobre) e parque da ladeira do Sartego (Fene).

Escola Obradoiro III
Datas de inicio e remate: Do 09/12/1999 ó 08/06/2001.
Especialidades: Carpintería metálica, albanelería, encofrado, xardinería e carpintería de madeira.
Número de alumnos: 40 (10 por especialidade, menos albanelería con 15).
Obras realizadas: Parque de educación viaria (Barallobre) e parque da ladeira do Sartego (Fene).

Escola Obradoiro IV
Datas de inicio e remate: Do 29/12/2003 ó 28/06/2005.
Especialidades: Caldeiraría industrial, albanelería, xardinería e carpintería de madeira.
Número de alumnos: 46 (12 por especialidade, menos xardinería con 10).
Obras realizadas: Rehabilitación do muíño río Vaa (Maniños) e rehabilitación do edificio municipal e dotación de equipamento no Parque Castelao (Fene).

Escola Obradoiro FENE V:
Datas de inicio e remate: Do 15/12/2008 ó 14/06/2010.
Especialidades: Albanelería, xardinería e carpintería de madeira.
Número de alumnado: 26
Obras realizadas: Acondicionamento e axardinado do Sartego

Descargas