O Servizo de Información e Orientación Laboral do Concello de Fene está encadrado na Concellería de Persoal, Seguridade, Formación e Emprego e traballa en colaboración coa axente de emprego e desenvolvemento local, técnicos de formación e técnicos de servizos sociais.
Este servizo actúa como Servizo de Orientación e Asesoramento Especializado que presta colaboración as persoas en situación de mellora ou desemprego coa finalidade de facilitarlle o camiño no Mercado Laboral. Engloba o colectivo de persoas desempregadas en xeral en canto a sexo, formación, experiencia profesional, demandantes ou non de primeiro emprego e colectivos en risco de exclusión social.
O Concello de Fene é Centro colaborador do Servizo Público de Emprego en materia de orientación laboral desde setembro de 1998.
Accións que se levan a cabo dende o Programa de Orientación Profesional
- Información, Motivación e Asesoramento Socio-laboral.
- Intervención Socio-laboral. Diagnose, necesidades e expectativas das persoas demandantes.
- Itinerarios Individuais e Personalizados de Inserción Profesional. Deseño, elaboración e realización. Seguimento./li]
- Técnicas e Habilidades de Busca de Emprego.
- Autoemprego. Detección e desenvolvemento de iniciativas de autoemprego.
- Análise do Mercado de Traballo. Prospección de empresas. Convocatorias de Emprego.
- Intermediación Laboral. Recepción da oferta, derivación de usuarios/as e seguimento no proceso de incorporación laboral.
- Accións Formativas. Información, asesoramento e solicitude.
- Certificados de Profesionalidade Información e orientación sobre o procedemento de recoñecemento das competencias adquiridas pola experiencia laboral. Motivación. Preparación de solicitudes.
- Programas de Emprego. PREPARA. RAI. PROGRAMA DE GARANTÍA XUVENIL. Acreditación Busca Activa de Emprego.
Criterios base polos que se rixe o Servizo
Os criterios que rixen o funcionamento do Servizo son os seguintes:
- Mercado laboral na comarca e ocupacións que son máis requeridas.
- A dimensión de xénero nos procesos de inserción laboral.
- Motivar a persoa demandante de emprego para que se implique de forma activa no deseño e consecución do seu proxecto persoal.
- A necesidade dunha cualificación e especialización profesional.
- A importancia das habilidades sociais no proceso de busca de emprego e posterior incorporación e mantemento do posto de traballo.
- A importancia das novas tecnoloxías nos procesos de inserción socio-laboral.
Itinerarios Personalizados de Inserción Laboral
A elaboración de Itinerarios Personalizados de Inserción Laboral constitúe unha das accións de orientación laboral que se están a desenvolver coa persoa desempregada. Enténdese como tal "o conxunto de actividades secuenciais que a persoa atendida debe percorrer". Desde o servicio trátase de facilitarlle os recursos necesarios para que xestione con autonomía o seu propio proceso de inserción socio-laboral.
Desde a Consellería de Traballo, formúlase un protocolo específico de actuación e a posibilidade de asinar un compromiso escrito do itinerario. A sinatura deste compromiso pode incluír prioridades á hora de realizar determinadas accións do itinerario establecido e subvencións por procura de emprego segundo a normativa vixente no momento da sinatura.
Acceso ao Servizo
Este Servicio atende ao colectivo de persoas desempregadas ou en mellora de emprego en xeral en cuanto a sexo, formación, experiencia profesional e demandantes ou non de primeiro emprego.
As vías que se están a seguir para que os/as demandantes coñezan e accedan ao servicio pódense concretar nos seguintes ámbitos:
- Servizo Público de Emprego, ou ben a través de axenda do Servizo Público de Emprego ou ben a través de direccionamento da Oficina de Emprego
- Servizos Sociais do Concello de Fene
- Entidades de carácter Social da Comarca
- Entidades de carácter Sanitario da Comarca
- Centros de Ensino
- Solicitude expresa do/a demandante de emprego
Taboleiros Informativos
O centro ten a disposición das persoas usuarias dous taboleiros informativos de consulta:
- Taboleiro de información formativa dirixida a demandantes de emprego, traballadores en activo e empresarios no que se recolle a oferta pública e privada.
- Taboleiro de información laboral no que se plasman artigos do ámbito laboral, ofertas de traballo, principalmente da comarca e empresas que solicitan autocandidaturas.Ofertas de traballo publicadas en diferentes medios.
Punto de Información do Servizo Público de Emprego
Desde o quiosco pódense realizar os seguintes servizos:
- Renovación da demanda de emprego mediante a impresión dixital
- Acceso as ofertas de emprego en difusión do Servizo Público de Emprego
- Acceso a información sobre Formación Ocupacional
- Acceso a páxinas web dos diferentes Servizos Públicos de Emprego
- Solicitar cita previa para trámites de prestación por desemprego, información, tramitación ou xestións varias