O servizo de información, orientación e asesoramento é o primeiro nivel de atención ao cidadán, a porta de entrada aos servizos sociais de base ou comunitarios, trátase dunha prestación que responde á necesidade dos cidadáns de acceder aos recursos sociais e exercitar os seus dereitos no marco da igualdade de oportunidades.
Ten por obxecto informar aos usuarios/as sobre os distintos dereitos e recursos existentes para a resolución das necesidades plantexadas, así como orientar e asesorar as persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnosticar a situación de necesidade, e derivar, se é preciso, aos servizos sociais de atención especializada, ou aos diferentes sistemas de protección social ( sanitarios, educativos, comunitarios, ocio e cultura, participación,etc.)
Neste servizo tramitanse e xestiónanse os diferentes recursos que oferta a sociedade para solucionar ou solventar os problemas presentados ou a situación de necesidade do/as usuario/as, e as traballadoras sociais traballan en coordinación e cooperación con outros servizos e profesionais, para optimizar recursos e realizar seguimento dos casos que se atenden.
Un apoio importante neste programa é o Sistema de Información de Usuarios de Servicios Sociais (S.I.U.S.S.) no que se elabora a historia social de cada usuario/a do servizo, e se incorporan todas as intervencións que se realizan. Esta base de datos, que ten un sistema de alta protección, permite á traballadora social a explotación estadística de datos facilitándolle un mellor coñecemento da problemáticaa súa zona e a elaboración de historias e informes sociais das persoas que atende. Asemade permite xestionar o sistema de cita previa.