O programa de voluntariado social vense desenvolvendo en Fene dende o ano 2001, respondendo a determinadas demandas e necesidades que se formulan nos Servizos Sociais.
Probablemente moitos/as de vos tedes inquedanzas ou amosades un espírito altruísta e solidario, dispoñendo de tempo e motivación, factores que constitúen o motor para levar a cabo accións de voluntariado no teu concello.
A soidade, a enfermidade, a incapacidade...marcan o día a día de moitas persoas, e tí podes cambialo, adicando tan só un pouco de tempo e do teu agarimo.
O teu concello necesita persoas voluntarias dispostas a colaborar no eido do voluntariado social.
Para isto, ofrecémoste a formación básica e necesaria para que podas formar parte do noso grupo de voluntariado.
Organizamos reunións periódicas de traballo e seguimento, cursos de formación nas diferentes áreas de colaboración e participación social: Muller, infancia, respiro familiar, terceira idade, xuventude, discapacidade, cooperación internacional.........
As túas ideas, propostas, suxestións...., pódense estudiar, planificar e poñer en práctica. A túa aportación é importante!.
Non importa a túa idade, nin o teu sexo, nin o teu nivel académico......Só tes que dispor dun pouco de tempo para compartilo cos demais.