Dende febreiro de 2012 a cidadanía de Fene pode tramitar o cambio de domicilio no permiso de condución e circulación no propio Concello grazas a un convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico.
O Corpo da Policía Local de Fene, estruturado en unha xefatura e once axentes, ten como misión a protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá.
As súas funcións, que exercen dentro do concello son:
- Protexer ás Autoridades da Corporación Local do Concello de Fene, vixiar e custodiar os edificios e instalacións municipais, así como os bens de uso público local.
- Ordenar, sinalizar e dirixir o tráfico no casco urbano, cos medios á súa disposición e de acordo co establecido nas normas de circulación.
- Instruír atestados por accidentes de circulación dentro do casco e vías urbanas.
- Policía Administrativa, velando polo máis exacto cumprimento das Ordenanzas, Bandos e demais disposicións do Concello de Fene, dentro do ámbito das súas competencias.
- A Policía Local de Fene, poderá tamén exercer funcións de policía administrativa de carácter estatal ou autonómico mediante a denuncia das infraccións pertinentes diante dos órganos competentes para a súa resolución.
- Participar nas funcións de Policía Xudicial de conformidade co ordenamento xurídico, practicando cando fora necesario as primeiras dilixencias de prevención, dando conta de tales actuacións á Autoridade Xudicial e o Ministerio Fiscal, todo isto baixo os principios de cooperación e colaboración coas demais Forzas e Corpos de Seguridade.
- A prestación de auxilio, nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública, participando na forma prevista nas leis, na execución dos plans de Protección Civil.
- Efectuar dilixencias de prevención e cantas actuacións tendan a evitar a comisión de actos delitivos no marco de colaboración establecido na Xunta Local de Seguridade.
- Vixiar os espazos públicos e colaborar coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e coa Policía da Comunidade Autónoma na protección das manifestacións e no mantemento da orde en grandes concentracións humanas cando sexan requiridos para tal fin.
- Cooperar na resolución dos conflitos privados, cando sexan requiridos.
Datos de contacto
Enderezo: Rúa da Fraga 14
Teléfono: 981 492 777
Extensións:
- Atención ao público: 2240
- Oficina Informes: 2241
- Xefatura: 2242
- Negociado Denuncias: 2243
- Responsábel servizo: 2244
Fax: 981 492 723 / Email: policia.local@fene.gal
Horario de atención ao público: tódolos días do ano de 8.00 a 21:00 horas.