Protección Civil

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil deste Concello vincúlase aos servizos básicos de intervención en emerxencias dependentes do Concello para realiza-las tarefas que procedan, sen prexuízo do que poida establecerse nas leis sobre prestación persoal e de servicios con carácter obrigatorio.

Ten como fin establecer unha organización baseándose nos recursos municipais, contando coa colaboración das entidades privadas e dos cidadáns, para garanti-la coordinación preventiva e operativa respecto da protección de persoas e bens ante os danos producidos polas situacións de emerxencia nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidade pública, sen esquecer todo tipo de emerxencias menores, mediante a realización de actividades que permitan evitar estas, reduci-los seus efectos, repara-los danos e, no seu caso, contribuír a corrixi-las causas productoras destes.

As funcións do voluntariado, entre outras, son as de: promoción da prevención e autoprotección cidadá, así como a colaboración, auxilio e apoio dos servicios públicos de protección civil.

Datos de contacto

Enderezo: Avda. Sixto Mauriz 25 - Vilanova (Sillobre)
Teléfono: 981 343 945

Descargas