Publicado no BOP do 29/11/2017 a convocatoria de Subvencións a Entidades sen fins de lucro para actividades desenvolvidas no exercicio 2016. O obxecto da convocatoria é apoiar ás entidades municipais sen ánimo de lucro no desenvolvemento de actividades culturais, deportivas e educativas que favorezan a participación entre a veciñanza e, así mesmo, contribuír ao financiamento dos gastos de funcionamento necesarios para o cumprimento dos fins propios das asociacións e para o desenvolvemento das actividades obxecto da subvención.