Inscricións Comparsas Entroido 2018

Inscricións Comparsas Entroido 2018

Aberto prazo inscrición até 2 de febreiro.

Para poder optar ás axudas é imprescindible que as comparsas acompañen ao Entroido nos actos programados para o mércores día 14 de febreiro de 2018 e que comezarán coa concentración ás 17.30 horas na Rúa Cádavo (fronte ao establecemento Aguilar).

As comparsas deberán ter en todos os casos un número superior ás 15 persoas. Entenderase por comparsa adulta a formada por persoas maiores de 16 anos. Para ter a consideración de “comparsa de Fene” alomenos o 50% dos compoñentes deberán ser veciños ou veciñas do municipio. No caso das comparsas infantís non hai esa precisión e só se lles esixe que estean formadas por alomenos 15 compoñentes menores de 16 anos máis as persoas adultas que vaian de acompañantes.

 

Ligazóns