Convocatoria de Subvencións a Entidades sen fins de lucro para actividades desenvolvidas no exercicio 2016
29-11-2017
As solicitudes presentaranse no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación destas Bases no BOP (BOP 29/11/2017)
O obxecto da convocatoria é apoiar ás entidades municipais sen ánimo de lucro no desenvolvemento de actividades culturais, deportivas e educativas que favorezan a participación entre a veciñanza e, así mesmo, contribuír ao financiamento dos gastos de funcionamento necesarios para o cumprimento dos fins propios das asociacións e para o desenvolvemento das actividades obxecto da subvención.
Poderán optar a estas subvencións as entidades ou asociacións xuridicamente constituídas; os comités veciñais, as comunidades de bens ou calquera unidade económica ou patrimonio separado que, aínda que carezan de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, actividades ou comportamentos ou se encontren na situación que motiva a concesión da subvención. As agrupacións sen personalidade xurídica deberán nomear un representante con poderes bastantes para poder cumprir as obrigacións que como beneficiaria lle correspondan á agrupación.