Un mundo sen electricidade

Un mundo sen electricidade

Mañá, mércores 14 de decembro, ás 19.30 h, terá lugar na Casa da Cultura de Fene o acto de presentación da publicación “Un mundo sen electricidade”.

Actividade enmarcada no programa de recuperación da memoria histórica de Fene, “Construíndo Pontes”, na que se recolle información sobre como era a vida antes de que chegara a electricidade e os aparellos eléctricos e como se foi evolucionando co paso do tempo e a incorporación de novos inventos no concello de Fene así como as lembranzas das persoas participantes. Outro apartado mostra o resultado da participación das novas xeracións no proxecto: unha experiencia moi rica de intercambio interxeracional.

Con este traballo destacamos a valiosa contribución que fan as persoas participantes ás xeracións máis novas valorando o pasado e a súa influencia no presente, aproveitando estas experiencias para non perder de vista as orixes e valorar as facilidades que agora se teñen e fan a vida mais doada.

Acto seguido, terá lugar unha charla-coloquio entre representantes do grupo de traballo e as persoas asistentes, que nos permitirá compartir a súas vivencias e manter viva a historia inmaterial de Fene, para así estimular o debate e o intercambio de información, o que leva consigo a desenvolver aprendizaxes coas xeracións máis novas e a sociedade no seu conxunto.

A todas as persoas asistentes se lles fará entrega dunha copia da publicación elaborada.

ACTIVIDADE GRATUÍTA ABERTA A TODA A POBOACIÓN.

Para calquera información dirixirse a:

CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS

Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín

Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607

Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal

O proxecto de “Envellecemento Activo e Participación Social” está subvencionado pola Deputación da Coruña.