Educar no uso responsable das novas tecnoloxías
15-12-2016
Hoxe xoves 15 de decembro, o CEIP Centieiras acollerá de 16.30 h a 18.00 h unha sesión dirixida as familias de nenos e nenas que cursen educación primaria de como educar no uso responsable das novas tecnoloxías.
A sesión será impartida pola técnica de ASFEDRO Rosa Mª García Pazos e ten como finalidade aportar novas ferramentas e recursos educativos ao grupo de nais e pais ou outros membros da familia interesados en ampliar os seus propios coñecementos e favorecer así o apoio que poden aportar as súas fillas e fillos.
Actividade enmarcada no proxecto de prevención de drogodependencias e condutas aditivas, da agrupación de concellos, no que se desenvolve programa MAIS QUE UN TEITO, subvencionado pola Consellería de Sanidade.
Programa no que se marcan os seguintes obxectivos:
- Mellorar as actitudes educativas e preventivas das familias.
- Promover e reforzar os factores de protección familiar, ao tempo que se pretende reducir o impacto dos factores de risco relacionados con este ámbito.
- Mellorar a habilidade dos participantes para o desenvolvemento de pautas consistentes na xestión familia
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal