Concentración de rexeitamento e solidariedade
19-12-2016
Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, convócase para hoxe luns 19 de decembro de 2016 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polos dous asasinatos por violencia machista de Ana María Enjamio, de 25 anos, veciña de Vigo e Elena Mihaela Marcus, de 30 anos, veciña de Santiago.
Ana e Elena foron presuntamente asasinadas este fin de semana polas súas ex parellas sentimentais en Vigo e Santiago, pagando coas súas vidas a discriminación e a desigualdade que padecemos todas. Estes feitos constitúen dous novos actos da violencia machista en Galicia, sendo TRES as mulleres asasinadas na nosa comunidade no que vai de ano dun total de 43 no resto de España (fuente MSSSI).