Inscríbete en Expresarte!

Inscríbete en Expresarte!

Dirixido a maiores de  13 anos. Do 26 ao 30 de decembro. O horario no que se desenvolverán estas actividades será de 10:00 h a 12:00 h.

Expresarte é unha continuación do realizado durante os meses de xullo e agosto. As actividades que se desenvolverán son: “Arte en Cómic e Pintura”, e “Xeración vlogger e creación literaria online”.

O espazo físico onde se desenvolverán as actividades é o CPS San Valentín que se combinará con espazos abertos ao aire libre ou actividades en aulas, e segundo o tipo de actividades.

As inscricións realizaranse no Centro Municipal de Servizos Sociais (Avda. do Mar, Bloque 1, baixo - San Valentín) ou nos teléfonos: 981.342.607/981.492.706 e tamén no correo servizos.sociais@fene.gal.

CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS

Concellaría de Benestar Social e Igualdade

Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín

Teléfonos: 981 492 706 / 981 342 607

Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal

Descargas