Inscríbete en Expresarte!

Inscríbete en Expresarte!

Se tes máis de 13 anos, e ainda non tes plan para a vindeira semana, inscríbete a Expresarte. Xuntarémonos no CPS de San Valentín de 10:00 a 12:00 h do 26 ao 30 de decembro.

Expresarte é unha continuación do realizado durante os meses de xullo e agosto. As actividades que se desenvolverán son: “Arte en Cómic e Pintura”, e “Xeración vlogger e creación literaria online”.

O horario no que se desenvolverán estas actividades será de 10:00 h. a 12:00 h.

Datas: do 26 ao 30 de decembro.

O espazo físico onde se desenvolverán as actividades é o CPS San Valentín que se combinará con espazos abertos ao aire libre ou actividades en aulas, e segundo o tipo de actividades.

Os obxectivos do programa son, entre outros:

  • Ofrecer aos xoves ferramentas para expresarse e participar socialmente de acordo cos seus gustos e inquedanzas.

  • Favorecer a creación, a imaxinación e posibilitar un proxecto común.

  • Fomentar debates sobre temas do seu interese a través das redes sociais dun xeito crítico e reflexivo.

  • Contar con información sobre temas sociais e de actualidade acadando comportamentos saudables e responsables.

As inscricións se recolleran por orde de entrada ata completar o número de prazas. Quedan 6 prazas libres.

As inscricións realizaranse no Centro Municipal de Servizos Sociais (Avda. do Mar, Bloque 1, baixo - San Valentín) ou nos teléfonos: 981.342.607/981.492.706 e tamén no correo servizos.sociais@fene.gal

CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS

Concellaría de Benestar Social e Igualdade

Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín

Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607

Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal

Descargas