Concentración de rexeitamento e solidariedade
30-01-2017
Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, convócase para o luns 30 de xaneiro de 2017 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo asasinato por violencia machista de Virginia F.V., de 55 anos, veciña de O Carballiño, en Ourense.
Virginia foi brutalmente asasinada este domingo presuntamente polo seu marido José A. L. en O Carballiño (Ourense), pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas. Este feito constitúe o primeiro acto de violencia machista en Galicia no que vai de ano dun total de 5 no resto de España (fuente MSSSI).