Convocatoria do XXI Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor 2017”

Convocatoria do XXI Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor 2017”

A Alcaldía, mediante resolución núm. 171 do 14 de febreiro de 2017, procedeu á aprobación das bases da convocatoria do XXI Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor 2017”.
 

CATEGORÍAS E PARTICIPACIÓN

  • Na categoría CURUXA, calquera persoa maior de 25 anos residente no Estado español.
  • Na categoría CURUXA-NOVA, calquera persoa de até 25 anos residente no Estado español. As persoas menores de 25 anos poderán participar na categoría xeral, CURUXA, extremo que implica a renuncia á categoría CURUXA-NOVA.

Aos efectos de cómputo de idade, tomarase a idade do/a participante na data na que se publique a convocatoria
no BOP.

Os/as participantes poderán presentar un só debuxo.


TEMÁTICA
As  obras  presentadas  serán  de  temática  libre.  Humor  gráfico  nas  súas modalidades  mudo,  texto  ilustrado  ou  viñeta.

CARACTERÍSTICAS DOS DEBUXOS A CONCURSO

  • As obras presentadas a concurso deberán ser de creación propia e inédita.
  • Presentaranse en formato papel, mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente (impresión de alta calidade).
  • A dimensión máxima do debuxo será de 29,7x42 cms (A3).
  • Non se admitirán fotocopias nin gravados.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Desde a data de publicación das bases na web municipal até as 23.59 horas do día 30 de maio de 2017

PREMIOS

Categoría CURUXA (maiores de 25 anos)

  • 1.º premio, dotado con 2.000 euros e diploma
  • 2.º premio, dotado con 1.500 euros e diploma

Categoría CURUXA-NOVA (menores de 25 anos)

  • 1.º premio, dotado con 1.000 euros e diploma
  • 2.º premio, dotado con 500 euros e diploma
Descargas