Programa envellecemento activo e participación social - Tardes Activas

Programa envellecemento activo e participación social - Tardes Activas

O concello de Fene dende a concellaría de Benestar Social e Igualdade, leva a cabo  o programa de Envellecemento Activo, no que se enmarca o seguinte curso:

“Curso para o uso de teléfonos intelixentes”

A aparición destes dispositivos ocasionou un novo entorno de comunicación, que as persoas maiores teñen que asimilar para poder beneficiarse dos  servizos que lles axudarán a vivir con maior autonomía persoal e independencia.

Con esta iniciativa, trátase de  formar ás persoas maiores no uso dos novos teléfonos móbiles e o acceso a Internet dende os propios teléfonos de cada participante. Se mostrarán as diferentes posibilidades que ofrecen estes dispositivos, como utilizalos, para que nos poden servir e que aplicacións poden usar.

DATA: 24 venres de febreiro de 2017
HORARIO: de 11:00 a 13.00 h.
LUGAR: Aula de cursos do Concello. Avda Naturais - 44 entresollado.
PRAZAS: por orde de inscrición. Prazas limitadas

Actividade aberta a poboación en idade madura, cun límite máximo  de 20 prazas. O mínimo para iniciar a actividade é de 10 que se cubriran por orden de inscrición.

Último día para inscribirse  xoves 23 ás 13.00h.

ACTIVIDADE GRATUÍTA ABERTA A TODA A POBOACIÓN

Todas aquelas persoas interesadas en participar presentaran a folla de inscrición cuberta no centro municipal  de servizos sociais.

Outros obradoiros

Outros cursos que está pendente iniciar en marzo e está aberto o prazo de recollida de solicitudes  son:

"Recordando o noso"
ACRD O Pote  e ACRD Agarimo : Inicio 7 de marzo.
CMIU Fene: inicio 8 de marzo.
AAVV Magalofes: inicio 10 de marzo.


"Activación de memoria"
CPS San Valentín: inicio 7 de marzo 

As fichas de inscrición recollense ata cubrir prazas ou ben ata o día anterior de inicio do obradoiro.

 

Para calquera información dirixirse a:

CENTRO  MUNICIPAL  DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal