Acto de condea do Concello de Fene

Acto de condea do Concello de Fene

Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, convócase para martes 21 de febreiro de 2017 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo


ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE

Mª JOSÉ M.G.

 de 52 anos,veciña de Redondela, en Pontevedra

 
Mª José foi asasinada onte luns presuntamente polo seu ex-marido Emilio F.C. de 47 anos, na súa casa en Redondela (Pontevedra) pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas. Unha explosión e posterior deflagración, presuntamente intencionada, acabou coa súa e vida e coa de a súa exparella, coa que estaba en trámites de separación. Mª José era nai de tres fillos, o menor de eles de tan só 8 anos, vítimas tamén da violencia machista.

Este feito constitúe o segundo acto de violencia machista en Galicia no que vai de ano dun total de 11 no resto de España (Fonte MSSSI).

Agradezo de antemán a vosa asistencia como xesto de condea, repulsa e solidariedade.

 

Mª Carmen Martínez Rodríguez

Concelleira de Benestar Social e Igualdade.