Programa envellecemento activo e participación social - Tardes Activas

Programa envellecemento activo e participación social - Tardes Activas

O concello de Fene dende a concellaría de Benestar social e igualdade, leva a cabo  o programa de Envellecemento Activo, no que se enmarca Tardes Activas.

As actividades de memoria activa desenvólvense de forma itinerante polas diferentes parroquias do concello a través das entidades veciñais e culturais. Cada persoa poderá elixir libremente as actividades ás que acudir independentemente na parroquia na que viva. Tamén se realiza no centro municipal de Servizos Sociais, o obradoiro de recuperación da memoria.

Estes obradoiros realizanse unha vez a semana cunha duración de 1h e 30 minutos.

OBRADOIROS DE ACTIVACIÓN DA MEMORIA

Realizaranse actividades para manter activa a mente e mellorar a memoria naquelas persoas con esquecementos cotiás (onde están as chaves, cómo era o nome de...), utilizaranse dinámicas de ocio e grupais para a realización das actividades.

Este taller iniciase o día 7 de marzo ás 16.45h ata as 18.15h no CPS San Valentín Ao longo dos meses de marzo a xuño, cunha sesión semanal e continuarase de outubro a decembro.

OBRADOIROS RECORDANDO O NOSO

Este obradoiro centrase nas lembranzas e homenaxe aos maiores. S traballaran funcións cognitivas dende unha perspectiva dinámica, aportando vivencias e coñecementos. Iniciase nas seguintes entidades no horario indicado:

  • ACRD Agarimo de Sillobre, martes día 7 de 18.30 a 20.00h.
  • ACRD O Pote, martes día 7 de 18.30 a 20.00h.
  • CMIU Fene, mércores día 8 de 16.45 a 18.15h.
  • AVV San Xurxo Magalofes, venres  día 10 de 16.30 a 18.00h

Obradoiros que se están a desenvolver noutras entidades

  • Obradoiros de recuperación de memoria no Centro Municipal de Servizos Sociais Os xoves de 16.30 a 18.00h.
  • Obradoiro de Activación de memoria na AA.VV. DE LIMODRE Os luns de 18:00 a 19.30 h.
  • Obradoiro Recordando o Noso  na A.C.D.R. LIGA DE AMIGOS DE BARALLOBRE Os mércores de 18:15 a 19:45 h

Realizanse actividades en grupo encamiñadas a mellorar a memoria, a linguaxe, a orientación, a atención, etc. Para retrasar o inicio dunha demencia ou mantela estable sen empeoramento. Ademais dos beneficios de pertencer a un grupo.

Estás actividades están abertas a poboación en idade madura, cun límite de 20 prazas que se cubriran por orden de inscrición.

A actividade ten carácter gratuíto.

Todas aquelas persoas interesadas en participar presentaran a folla de inscrición cuberta   no centro municipal  de servizos sociais ou nas entidades veciñais onde se realicen os obradoiros.

Se admiten solicitudes ata cubrir prazas.

A coordinadora do programa é a pedagoga municipal, Mª José Paz Rodríguez.

Para calquera información dirixirse a:

CENTRO  MUNICIPAL  DE SERVIZOS SOCIAIS

Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín

Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607

Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal