Convocatoria de cursos preparatorios para obter os certificados de lingua galega Celga, 1, 2, 3 e 4

Convocatoria de cursos preparatorios para obter os certificados de lingua galega Celga, 1, 2, 3 e 4

Publicada no DOG do 08.03.2017 a RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).
 
As solicitudes dos cursos presenciais dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED104B, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, e  portal web da lingua galega  , que permiten cubrir e editar a solicitude.

O prazo para a presentación das solicitudes dos cursos será de 20 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Descargas
Ligazóns