Apertura do prazo de matriculación na Rede de Escolas Infantís “A Galiña Azul” curso 2017-2018
09-03-2017
Publicada no DOG do 08.03.2017 a RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2017 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2017/18.
O prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza ou de novo ingreso será dende o 9 de marzo ata o 10 de abril (ambos, incluídos), as listaxes provisionais de admitidos e de agarda publicaranse o 9 de maio e poderanse consultar nas propias escolas infantís nas que se solicite praza, así como nas páxinas web da Consellería de Política Social e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.