Obradoiros de Educación Alimentaria
10-03-2017
O Concello de Fene, a través da Concellalía de Benestar Social e Igualdade, incluído no Plan de Prevención de drogodependencias e promoción da saúde correspondente ao presente ano 2017, e o Plan da Prevención da obesidade infantil ( XERMOLA).
Ofertase aos centros escolares que están traballando cos “materiais didácticos de educar para a saúde na escola” os obradoiros de educación alimentaria” destinados ao alumnado escolarizado en educación primaria e a familias.
Os obxectivos destes obradoiros:
• Contribuír a mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas.
• Impedir problemas de saúde nun futuro a travérs de hábitos saudables
• Formar e concienciar ás familias sobre a importancia dunha alimentación saudable.
• Fomentar a participación activa promocinando a dieta Medeterránea como opción saúdable
As actividades que se incluen son as relacionadas con froitas e verduras, o grupo de alimentos “ O menu do día”, almorzso saudables e hixiene alimentaria que se desenvolven ao longo de catro sesións.
A cordinación dos obradoiros é realizada pola pedagoga e técnica en prevención de drogodependencias Mª José Paz Rodríguez, e cada obradoiro está guiado por persoal especialista da empresa B6 Consultores.
Participan un total de 110 alumnos/as e 15 profesores/as.
As datas de realización ver cronograma.