Agradecemento ao equipo de baloncesto feminino Star Center Uni Ferrol
13-03-2017
Dende a Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade, queremos agradecer ás xogadoras do equipo de baloncesto feminino Star Center Uni Ferrol, a súa desinteresada colaboración no acto sobre "Muller e Deporte" que tivo lugar na Casa da Cultura o pasado 8 de marzo, "Día Internacional da Muller".
O equipo está xogando a Liga Feminina Nacional de Baloncesto e, aínda que o acto coincideu co horario de adestramento e este fin de semana teñen un partido importante, decidiron suspendelo para asistir todas ao acto, xunto co adestrador e o presidente do club e acompañar á xogadora Carmen Fernández Míguez portavoz do equipo para compartir as súas experiencias e reivindicar máis igualdade respecto a financiación e a difusión nos medios de comunicación do deporte feminino, entre outras cousas.
O equipo amosa o seu agradecemento ao Concello de Fene por darlles voz e permitirlles visibilizar á muller no mundo deportivo, así como poder expresar as dificultades que atopan como equipo feminino por mor da desigualdade existente respecto aos equipos masculinos. Como xesto, remitiron esta fotografía onde portan un agasallo co lema da campaña en prol da igualdade que lanzou a Concellaría de Benestar Social e Igualdade este 8 de marzo.
Queremos igualmente agradecer a todas as mulleres deportistas que nos acompañaron de xeito desinteresado o mércores 8 de marzo na mesa sobre "Muller e Deporte", e que compartiron ás súas vivencias no mundo deportivo, en disciplinas como fútbol: Puri Hermida Arosa, Carolina Castro Fajardo, Almudena Fernández López, Leticia Rey Arnoso y Raquel Ortega Jorge; atletismo: Paula Mayobre; rally: Fátima Ameneiro; e rugbi: Esther Ruíz Calero.
Visibilizar á muller e tarefa de todas e todos.