Obradoiros Familiares - Programa Máis que un teito

Obradoiros Familiares - Programa Máis que un teito

O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e Igualdade, leva a cabo o proxecto de prevención de drogodependencias e condutas aditivas, da agrupación de concellos, no que se enmarcan o programa MÁIS QUE UN TEITO, subvencionado pola Consellería de Sanidade.

Os obxectivos que se marcan no programa son os seguintes:

  • Mellorar as actitudes educativas e preventivas das familias.
  • Promover e reforzar os factores de protección familiar, ao tempo que se pretende reducir o impacto dos factores de risco relacionados con este ámbito.
  • Mellorar a habilidade dos participantes para o desenvolvemento de pautas consistentes na xestión familiar.

Os temas a tratar están relacionados coa educación emocional, onde se realizan actividades conxuntamente o/a neno/a e unha persoa adulta da familias ( pai/nai, avo/a..)

  • LUGAR: no CEIP Centieiras, en Perlio, de 16:30 a 18:00 h.
  • DATA: inicio 14 de marzo ata 30 de maio.

Dirixido a familias con fillas/os cursando educación primaria.

A finalidade destas sesións e aportar novas ferramentas e recursos educativos ao grupo de nais e pais ou outros membros da familia interesados en ampliar os seus propios coñecementos e favorecer así o apoio que poden aportar as súas fillas e fillos.

A coordinadora do programa é a pedagoga municipal, Mª José Paz Rodríguez.

Para calquera información dirixirse a:

CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE

Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal 

Descargas