Obradoiros de Educación Alimentaria
17-03-2017
O Concello de Fene, a través da Concellalía de Benestar Social e Igualdade, incluído no Plan de Prevención de drogodependencias e promoción da saúde e o Plan da Prevención da obesidade infantil (XERMOLA).
Ofértase aos centros escolares que están traballando cos “materiais didácticos de educar para a saúde na escola” os obradoiros de educación alimentaria destinados ao alumnado escolarizado en educación primaria e a familias.
Os obxectivos destes obradoiros:
- Contribuír a mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas.
- Impedir problemas de saúde nun futuro a través de hábitos saudables.
- Formar e concienciar ás familias sobre a importancia dunha alimentación saudable.
- Fomentar a participación activa promocionando a dieta Mediterránea como opción saúdable.
As actividades que se incluen son as relacionadas con froitas e verduras, o grupo de alimentos “O menú do día”, almorzos saudables e hixiene alimentaria que se desenvolven ao longo de catro sesións.
Se ofertan ás ANPAS a realización de dúas sesións de alimentación saudable coa finalidade de formar e concienciar ás familias sobre a importancia de adoptar hábitos de alimentación saudables e fomentar a participación activa das familias. Os contidos das sesións xiran en relación a Nutrición básica e alimentación saudable e etiquetado de alimentos.
A coordinación dos obradoiros é realizada pola pedagoga e técnica en prevención de drogodependencias Mª José Paz Rodríguez, e cada obradoiro está guiado por persoal especialista da empresa B6 Consultores.
Participan un total de 110 alumnos/as e 15 profesores/as.