Curso para o uso de teléfonos intelixentes - Tardes Activas

Curso para o uso de teléfonos intelixentes - Tardes Activas

A aparición destes dispositivos ocasionou un novo entorno de comunicación, que as persoas maiores teñen que asimilar para poder beneficiarse dos  servizos que lles axudarán a vivir con maior autonomía persoal e independencia.

Con esta iniciativa, trátase de  formar ás persoas maiores no uso dos novos teléfonos móbiles e o acceso a Internet dende os propios teléfonos de cada participante. Se mostrarán as diferentes posibilidades que ofrecen estes dispositivos, como utilizalos, para que nos poden servir e que aplicacións poden usar.

  • Data: 24 de marzo de 2017.
  • Horario: de 11:00 a 13.00 h.
  • Lugar: Aula de cursos do Concello. Avda Naturais - 44 entresollado.
  • Prazas por orde de inscrición. Prazas limitadas.

Actividade aberta a poboación en idade madura, cun límite máximo  de 20 prazas. O mínimo para iniciar a actividade é de 10 que se cubriran por orden de inscrición.

Último día para inscribirse o  xoves 23  de marzo ás 13.00h, si non se cubriron as prazas con anterioridade a esa data.

Actividade gratuíta aberta a toda a poboación.

Todas aquelas persoas interesadas en participar presentaran a folla de inscrición cuberta   no centro municipal  de servizos sociais,  no teléfono ou caixa electrónica do centro municipal de Servizos Sociais que se indica a continuación.
 
CENTRO  MUNICIPAL  DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal