Sesión formativa familias: Saber afrontar as dificultades
23-03-2017
O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e Igualdade, leva a cabo o proxecto de prevención de drogodependencias e condutas aditivas, da agrupación de concellos, no que se enmarcan o programa de prevención familiar “MÁIS QUE UN TEITO”, subvencionado pola Consellería de Sanidade.
Os obxectivos que se marcan no programa son os seguintes:
- Mellorar as relacións familiares utilizando habilidades sociais positivas para o desenvolvemento de pautas consistentes na xestión familiar.
- Promover e reforzar a implicación das familias como axentes de saúde. Aprender a xestionar as emocións a través da conciencia e a reflexión.
- Potenciar a educación en valores como un xeito de prevención dos trastornos adictivos.
O tema a tratar : “ Saber afrontar as dificultades (tolerancia/ frustación/ resilencia)”.
Lugar: no CEIP Centieiras, en Perlio, de 16:30 a 18:00 h.
Data: Xoves 23 de marzo.
O tema escollido está relacionado coas películas incluidas no programa cine saúde visionadas polo alumnado no primeiro e segundo trimestre: “El gran pequeño -Little Boy–“ e “Aviones de papel”.
A finalidade destas sesións e aportar novas ferramentas e recursos educativos ao grupo de nais e pais ou outros membros da familia interesados en ampliar os seus propios coñecementos e favorecer así o apoio que poden aportar as súas fillas e fillos.
A reponsable do programa é a pedagoga municipal, Mª José Paz Rodríguez.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal