Mocidade Activa - Campaña alcohol e adolescencia

Mocidade Activa - Campaña alcohol e adolescencia

O Concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolve   o proxecto  de prevención de drogodependencias e condutas aditivas, no que se enmarcan o programa  de  MOCIDADE ACTIVA, subvencionado pola Consellería  de Sanidade.

Neste programa estiveron funcionando dous grupos de rapaces /as, escolarizados en 3º e 4º de ESO  que se encargaron de elaborar a campaña de alcohol e adolescencia de xeito positivo.

A rapazada de Mocidade Activa reflexionou e sensibilizouse sobre o consumo de alcohol, por medio de  actividades e  creando  espazos de experimentación, de libre expresión  e de creatividade propia, sen esquecer nunca a diversión. Retomando clásicos como a Radio e os Experimentos a  pé de rúa. Mesturando o vello co novo, sen esquecernos de lanzar temáticas que provocan aprendizaxes a través dos obradoiros:

•    Vloggers intrépidos
•    Radio Xove

Se pode ver o resultado deste traballo en Youtube: Mocidade Activa e en Radio Fene se emitirá o programa os sábados 1, 8 e 15 de abril  a partir das 12.00h.

A partir do mes de marzo ata maio se tratará a temática do acoso, elixido este tema  pola rapazada.

Ao longo desta semana e a próxima  se fai entrega deste material nos centros escolares de secundaria de Fene , Mugardos e Neda, e se recollen solicitudes para participar no programa.

Educar á xuventude pasa por EMPODERAR á rapazada, facendoos máis libre e máis críticos co mundo que os rodea. Porque queremos xoves fortes e seguros/as de si mesmos/as, con valores e ideais, pero para iso necesitamos que atopen as respostas ás súas preguntas, que afonden nos seus talentos, que reflexionen e plasmen as súas inquedanzas, e sobre todo VISIBILIZAR A XUVENTUDE.

A coordinadora do programa é a pedagoga municipal e técnica en prevención de drogodependencias,  Mª José Paz Rodríguez.

Para calquera información dirixirse a:

CENTRO  MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal

Descargas