Xornadas de “Xogos Populares Escolares”. Curso 2016-2017
03-04-2017
O Concello de Fene organizará as Xornadas de Xogos Populares Escolares os días 6 e 7 de abril dende as 10:00 ata as 13:00 horas. As actividades e a motodoloxía a empregar permitirán que o alumnado estea nalgunha das estación lúdicas en todo momento, agás no descanso para a merenda.
As datas previstas inicialmente son as seguintes:
- 6 de abril (xoves): Colexio Pl. Jorge Juan – CPI A Xunqueira
- 7 de abril (venres): CEIP Centieiras – CEIP Pl. O Ramo – CEIP Pl. os Casais
Lugar de realización:
- No caso de bo tempo realizaremos estas xornadas no exterior do Pavillón polideportivo A Xunqueira (San Valentín) e as carreiras de campo a través no campo que se atopa pola parte posterior do CPI A xunqueira.
- No caso de mal tempo realizaremos os xogos no interior Pavillón, e non realizaremos as carreiras finais de campo a través, polo que adicaremos 5-6 minutos máis a cada unhas das estacións de xogos.
Desenvolvemento das xornadas:
Realizaremos os xogos nun circuito continuo para que todo o alumnado se atope nalgún xogo en todo momento.
O Concello proporcionará auga e froita ao alumnado.
As actividades a realizar son :
- Lanzamentos: A Chave
- Carreiras: de sacos/ cos pés atados aos do compañeiro …
- Xogos de habilidade: Zancos, pesca de botellas
- Saltos: Comba
- O Brilé
- Tiro de corda
- Carreiras de campo a través
O Concello farase cargo do transporte do alumnado e profesorado responsable dende os respectivos centros de ensino ata o lugar de realización, así como da organización das probas.
Os centros de ensino participantes, deberán asistir a estas xornadas co profesorado responsable do alumnado.