I Torneo de Ximnasia Concello de Fene – Club Ximnasia Ferrolterra
03-04-2017
Organizan: Concello de Fene e Club Ximnasia Ferrolterra
Lugar e data:
- Pavillón “A XUNQUEIRA”, San Valentín, Fene.
- Sábado 22 de Abril de 2017 e Domingo 23 de Abril de 2017
Horario:
- Sábado mañá e tarde. Categorías Escolar 1,2,3 e 4.
- Domingo en horario de mañá. Categorías Inigym 1 e 2 e Promogym 1 e 2.
Categorías:
- Escolares 1,2,3 e 4: Participación restrinxida a dous aparatos por ximnasta (Chan/Salto ou Barra/Paralelas).
- Inigym 1 e 2.
- Promogym 1 e 2 : Participación nos 4 aparatos.
Importante: Mínimo 3 ximnastas por categoría para levar a cabo a competición nesa categoría.
Normativa:
- PROGRAMA TÉCNICO ESCOLAR GAF 2017 (Federación Galega de Ximnasia) para as categorías escolares.
- PROGRAMA TÉCNICO GAF 2017 / AUTONÓMICO (Federación Española de Ximnasia) para as categorías Inigym e Promogym.
Inscricións:
- Prazo límite: 7 de abril DE 2017 (inclusive)
- Remitiranse as follas de inscrición que se achegan a un dos seguintes correos electrónicos:cultura.deportes@fene.gal;cximferrolterra@gmail.com
Os horarios poderán sufrir modificacións en función do número de inscritos nas diferentes categorías así como ter que limitar as inscricións no caso de que os inscritos superen as expectativas nalgunha categoría(neste caso limitarase porcentualmente entre todos os clubes con participantes nesa/s categoría/s).
Medallas:
Haberá medallas para as tres primeiras clasificadas de cada aparato nas oito categorías e ademáis as tres primeiras da xeral nas categorías promogym e inigym.