Previsións da Biblioteca Municipal Xose María Pérez Parallé para abril
03-04-2017
- Data: xoves 6 de abril ás 18 horas
O Xigante, de Elefante Elegante.
Hai moito, moito tempo, nun reino distante, un home decidiu facer unha viaxe. Camiñou e camiñou... ata que atopou un xardín marabilloso e alí decidiu quedarse. Pero certo día apareceu un Xigante que quería o xardín só para él. O home seguiu a súa viaxe en busca doutro lugar... E camiñou e camiñou ata que atopou unha árbore moi especial. Das súas polas nacían libros, moitos libros!! Celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil.
Nenos e nenas: 3 a 8 anos
Actividade enmarcada no programa Ler Conta Moito 2017 da Xunta de Galicia
- Data: venres 7 de abril ás 18 horas
Sesión de contacontos con Eli Ríos.
Contacontos de Eli Ríos, gañadora do Premio Torrente Ballester 2016, sobre a biografía de María Victoria Moreno, volume da colección "Mulleres Bravas da nosa historia" de Urco Editora, o venres 7 de abril ás 18:00. A actividade terá lugar na Sala Infantil da biblioteca. A partir de tres anos.
- Data: venres 21 de abril ás 18 horas
Tititicleta de Carballo con Botas, de Anxo Moure
A TITIRICLETA do TITIRICLETEIRO chega á biblioteca, pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, a India, Guatemala... Levará as nenas e os nenos de viaxe a mundos fantásticos, na procura da paz. Celebración do Día do Libro.
Nenos e nenas: 5 a 12 anos
Actividade enmarcada no programa Ler Conta Moito 2017 da Xunta de Galicia