Servizo de alumeado nocturno na pista polideportiva exterior da Xunqueira

Servizo de alumeado nocturno na pista polideportiva exterior da Xunqueira

O concello de Fene ven de instalar un dispositivo para que todos/as usuarios que queiran facer uso da pista polideportiva de San Valentín en horario nocturno poidan acender o alumeado.

Este servizo estará operativo dende o solpor ate as 12 da noite. Consiste nunha botoneira colocada no cadro eléctrico que está situado na esquina que da ao CPI A Xunqueira. Pulsando o boton de cor verde acenderase o alumeado da pista durante 1 hora para que se poida utilizar cando se faga de noite, unha vez rematada esa hora, simplemente con volver a pulsar o mesmo boton reiniciase o alumeado durante outra hora.

No caso de querer interromper o servizo basta con pulsar o botón vermello, que apagará o alumeado.