Obradoiros de Educación Alimentaria

Obradoiros de Educación Alimentaria

O Concello de Fene, a través da Concellalía de Benestar Social e Igualdade, incluído no Plan de Prevención de drogodependencias e promoción da saúde e o Plan da Prevención da obesidade infantil (XERMOLA).

Como complemento dos obradoiros realizados co alumnado ofértanse  obradoiro de  alimentación saudable destinado ás familias.

Os obxectivos destes obradoiros:

  • Formar e concienciar ás familias sobre a importancia de adoptar hábitos de alimentación saudable e fomentar a participación activa das familias na confección dun menú familiar equilibrado.

Desenvolvense de dúas sesións:

  • Sesión 1: Nutrición básica e alimentación saudable
  • Sesión 2: Etiquetado de alimentos

Datas: 18 e 25 de abril.

Hora: 17.30 a 19.00h.

Lugar: C.E.I.P. Centieiras.

A coordinación dos obradoiros  é realizada pola pedagoga e  técnica en prevención de drogodependencias Mª José Paz Rodríguez,  e cada obradoiro está guiado por persoal especialista da empresa B6 Consultores.

Descargas