Programa envellecemento activo e participación social - Tardes Activas
24-04-2017
O concello de Fene dende a concellaría de Benestar social e igualdade, leva a cabo o programa de Envellecemento Activo, no que se enmarca Tardes Activas.
Obradoiro de recuperación da memoria
No centro municipal de Servizos Sociais, iniciase o obradoiro de recuperación da memoria en horario de mañá, debido a demanda recollida,
- Día: luns, 24 de abril
- Hora: 11.30 a 13.00h.
- Lugar: Centro Municipal de Servizos Sociais. Avda. Do Mar, B1- San Valentín
Continua co grupo en horario de tarde os xoves de 16.30 a 18.00h.
O obxectivo deste obradoiro é realizar actividades en grupo encamiñadas a mellorar a memoria, a linguaxe, a orientación, a atención, etc. Para retrasar o inicio dunha demencia ou mantela estable sen empeoramento. Ademais dos beneficios de pertencer a un grupo.
Quedan 2 prazas libres.
Obradoiros de activación da memoria
Realizaranse actividades para manter activa a mente e mellorar a memoria naquelas persoas con esquecementos cotiás (onde están as chaves, cómo era o nome de...), utilizaranse dinámicas de ocio e grupais para a realización das actividades.
- Día: martes, 25 de abril
- Hora: 18.30 a 20.00h.
- Lugar: na ACRD O Pote
Todas aquelas persoas interesadas en participar presentaran a folla de inscrición cuberta no centro municipal de servizos sociais ou na entidade veciñal onde se realiza o obradoiro de activación de memoria.
Quedan 5 prazas libres.
Estás actividades están abertas a poboación en idade madura. Admitense solicitudes ata cubrir prazas.
A actividade ten carácter gratuíto.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981 492 706 / 981 342 607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal
Estes obradoiros realizanse unha vez a semana cunha duración de 1h e 30 minutos ata o mes de xuño continuando de outubro a decembro.