Acto de condea do Concello de Fene
10-05-2017
Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, convócase para hoxe mércores 10 de maio de 2017 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DO NENO de 11 anos, veciño de Oza-Cesuras, en A Coruña.
O menor foi brutalmente golpeado polo seu pai M.J.M.M. de uns 42 anos en Oza-Cesuras (A Coruña) o pasado domingo, coincidindo co "Día da Nai" cando estaba a pasar a fin de semana co pai sobre o que existían dous denuncias previas por violencia de xénero cara a súa nai. Este feito constitúe unha das manifestacións máis brutais da violencia machista que se exerce sobre ás mulleres e sobre os fillos e fillas, considerándose o PRIMEIRO acto de violencia machista contra un menor en Galicia no que vai de ano. En total son xa 5 os asasinatos de menores vítimas de violencia machista contabilizados no territorio nacional neste 2017 (fuente MSSSI).
Agradezo de antemán a vosa asistencia como xesto de condea, repulsa e solidariedade.