Obradoiro de bebidas saudables
15-05-2017
Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, desenvólvese o Programa de Prevención de Drogodependencias e Promoción da Saúde, subvencionado pola Consellería de Sanidade en colaboración cos centros de ensino.
Os obradoiros de bebidas saudables foron ofertados aos centros escolares e están dirixidos ao alumnado escolarizado en 1º e 3º de ESO, sendo os seus obxectivos:
- Retrasar o inicio do consumo de alcohol.
- Dar a coñecer bebidas non alcohólicas e favorecer o seu consumo.
- Que o alumnado dispoña de información sobre o alcohol.
Realízanse obradoiros de bebidas saudables, impartidos por mestres de hostalería do IES Fraga do Eume, que enmarcan o obradoiro diferenciando as bebidas non alcohólicas, compoñentes e clasificación para logo pasar a facer unha demostración; logo o alumnado escolle un combinado do recetario que se entrega previamente (batido ou coctel), se realiza e finalmente se degusta.
Posteriormente, noutras sesións realizanse outras actividades onde se parte da información que ten o alumnado sobre o alcohol, se aclaran dúbidas ou informacións erróneas e se rompen cos tópicos existentes, ademais de realizar dinámicas para traballar a importancia da toma de decisións e a presión de grupo.
Estas actividades, así como a cordinación dos obradoiros nos centros escolares son realizadas pola pedagoga municipal.
Os materiais necesarios para a súa elaboración corren a cargo dos centros escolares.
A data de realización será o luns, 15 de maio no IES Fene .
Se realizaran tres grupos de primeiro e terceiro de ESO no que participan 65 alumnos/as.