Pequenas crianzas coa arte
18-05-2017
A exposición amosarase até o vindeiro 27 de maio na Casa da Cultura de Fene
Xa se pode visitar na Casa da Cultura de Fene a exposición “Pequenas crianzas coa arte”, mostra de pinturas e esculturas realizadas polos alumnos/as da Escola Infantil “A galiña azul” de Fene.
As obras foron confeccionadas por nenos/as de 1-2 anos e de 2-3 anos en distintos obradoiros, coordenados polo profesorado do centro, e nos que tamén participaron as súas familias.
A exposición permanecerá aberta ao público na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene até o vindeiro sábado 27 de maio. Poderase visitar en horario: de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas.
“Pequenas crianzas coa arte” encádrase no programa “O tempo das artes”, un ciclo no que a música, a pintura, o teatro e a escultura cobran relevancia dentro do quefacer diario deste centro infantil. O programa artéllase en torno a diferentes espazos para a creación nos que os pequenos/as se convirten en grandes artistas “que gozan mergullándose en cores, formas, texturas e sons”.