Programa CINENSINO Curso 2016/2017

Programa CINENSINO Curso 2016/2017

O Concello de Fene, a través da Área de Benestar  Social e Igualdade, xunto coa agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolve o Plan de protección e promoción da saúde, en colaboración coa Consellería de Sanidade - Dirección xeral  de innovación e xestión da saúde pública- No que se enmarca o programa “CINE e SAUDE” é o programa de Educación  en Valores para a prevención do consumo de alcohol e outros trastornos aditivos e  de comportamento no eido escolar a través dos medios audiovisuais e as TIC,  englóbase dentro do contexto de Educación para a Saúde e pretende ser  un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo.

Consideramos que a intervención preventiva nos centros escolares debe comezar antes de que se establezan patróns  de consumo que máis tarde serán difíciles de cambiar. É asumido polos centros escolares ó que se lle facilita asesoramento, medios e formación imprescindible para que sexa impartido polo seu profesorado.

A ferramenta pedagóxica coa que se traballa é o cinema; mediante a proxección dunha película se vai profundizando e traballando en diferentes temas de interes relacionados coa prevención do consumo de drogas.

Este programa vai dirixido á poboación escolar de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO, ao profesorado que imparten clases nestes niveis como axentes executores do mesmo e ás familias que mediante as Anpas teñen a posibilidade de organizar sesións para traballar os contidos da película e con esa información desenvolver habilidades educativas  que  provocarán un  efecto multiplicador na promoción da saúde.

A partir do 15 de maio  e ao longo deste mes  e nas primeiras semanas de xuño se proxecta a 3ª PROXECCIÓN nos centros de Fene, Mugardos e Neda.

Primaria:

  • Película: “El reino de los monos”
  • Módulo: A inclusión como estratexia evolutiva”

Secundaria

  • Película:“Fátima”
  • Módulo: A orientación familiar baseada no afecto, consello e exemplo.

Participación no programa:

  • Primaria, 8 centros  que participan 358 alumnos/as  e 20 profesores/as facendo un total de  378.
  • Secundaria, 6 centros cunha participación de 382 alumnos/as e 21 profesores, sumando un total de 403.

Total: 14 centros, 740 alumnos/as e 41 profesores/as.