Resultados XXIV Milla Escolar “Concello de Fene”

Resultados XXIV Milla Escolar “Concello de Fene”

Resultados XXIV Milla Escolar “Concello de Fene”

O pavillón da Xunqueira de San Valentín acolleu o pasado domingo, 28 de maio, a XXIV Milla Escolar “Concello de Fene” coa participación de preto de 400 nenos/as de Fene e comarca. A Concellería de Deportes de Fene organiza cada ano esta proba coa finalidade de mesturar deporte e diversión pero, sobre todo, de promover hábitos saudables entre a mocidade.

Tradicionalmente, a Milla Escolar “Concello de Fene” ten lugar polas rúas do barrio de San Valentín aínda que este ano, por mor das previsións meteorolóxicas, trasladouse ao interior do pavillón polideportivo.

Ao remate de cada carreira, todos os/as participantes recibiron cadansúa medalla e, ao remate da proba, entregáronse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías Alevín (5º e 6º de Primaria), Infantil (1º e 2º da ESO) e Cadete (3º e 4º da ESO), que foron:

CATEGORÍA: ALEVÍN (aulas 5º e 6º de Primaria) MASCULINO
1º Brais Varela Dalama (Ceip O Ramo)
2º Raúl Lorenzo Fernández (Ceip O Ramo)
3º Yago Marcos Rodríguez (CPI A Xunqueira)

CATEGORÍA: ALEVÍN (aulas 5º e 6º de Primaria) FEMININO
1º Marta Ventura Santos (Jorge Juan)
2º Alicia Barreiro López (Ceip Centieiras)
3º Sara Pouso Pantín (CPI A Xunqueira)

CATEGORÍA: INFANTIL (1º e 2º da ESO) MASCULINO
1º David Parga Torrente (I. Libre)
2º Pablo Díaz Coira (I. Libre)
3º Javier Morado Lamas (CPI A Xunqueira)

CATEGORÍA: CADETE (3º e 4º da ESO) FEMININO
1º Digo Filipe Marques Fomseca (I. Libre)