V Ruta Mini BTT Concello de Fene

V Ruta Mini BTT Concello de Fene

O Concello de Fene e o Club BTT Fene organizan a V Ruta Mini BTT (Bicicleta Todo Terreo) que terá lugar o  vindeiro sábado, 3 de xuño, a partir das 17.00 horas na zona verde municipal  fronte ao pavillón polideportivo da Xunqueira, a carón do Paseo Marítimo de San Valentín.

A actividade está dirixida a nenos e nenas de 5 a 14 anos, non ten carácter competitivo e para participar na mesma é preciso contar con bicicleta e casco. A ruta realizarase nun circuíto cun percorrido de 410 metros, ao que se lle darán máis ou menos voltas en función da categoría (idade ou aula) dos participantes.


PREBENXAMÍN
Aulas de infantil (nados/as no 2011 e 2012)
1 volta
PROMESAS
1º e 2º de primaria  (nados/as en 2009 e 2010)
2 voltas
PRINCIPIANTES
3º e 4º de primaria (nados/as  en 2007 e 2008)
3 voltas
ALEVÍN
5º e 6º de primaria  (nados/as en 2005 e 2006)
5 voltas
INFANTIL
1º e 2º de ESO  (nados/as en 2003 e 2004)
6 voltas

Ao remate de cada ruta, todos os/as participantes recibirán unha medalla e ao finalizar a actividade sortearase unha bicicleta entre todos os asistentes.