Preinscrición nos campamentos deportivos de verán da Deputación Provincial
02-06-2017
Preinscrición nos campamentos deportivos de verán da Deputación Provincial
O Concello de Fene conta con 5 prazas no programa “Campamentos Deportivos de Verán 2017” da Deputación da Coruña que este ano se realizará nas instalacións do Centro Residencial Docente da Coruña, no concello de Culleredo (rúa Salvador Allende, 13). O campamento está destinado a rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos (cumpridos no presente 2017).
Todos os rapaces e rapazas feneses interesados en participar nestes campamentos, deberán facer a súa preinscrición até o 17 de xuño nas dependencias municipais do departamento de Deportes (Avda. Naturais de Fene, núm. 44, entrechán). Xunto coa preinscrición deberán achegar un volante de empadronamento no Concello de Fene con data anterior ao 30 de maio. Unha vez finalizado o prazo de preinscripción, no caso de que haxa máis solicitudes que prazas asignadas (5) realizarase un sorteo público no Concello para adxudicalas.
Tal e como indica o seu nome, os “Campamentos Deportivos de Verán” da Deputación da Coruña teñen unha orientación deportiva. Así, neles, os nenos/as realizan actividades náuticas, equitación, tenis, sendeirismo, fútbol, voleipraia, tenis, voleibol, baloncesto, aeróbic, baile, etc
Os nenos/as feneses seleccionados para participar nesta actividade da Deputación, farano durante a primeira quenda: do 19 ao 25 de agosto de 2017. Incorporaranse o sábado día 19, de 18:00 a 19:00 horas, e marcharán tralo almorzo e a xornada de clausura prevista para o venres 25.
A Deputación asumirá a maior parte dos gastos, estancia, manutención, transporte interno para realizar as actividades programadas, así como todo o gasto que ocasionen as actividades programadas. O transporte tanto de ida como de volta dende Fene ata o Centro Residencial Docente da Coruña, non está incluído, polo que irá por conta dos/as participantes.
Cada participante terá que pagar unha cota de inscrición de 85 €. (oitenta e cinco euros), que se ingresarán unha vez que o /a interesado/a obteña a praza.
Máis información, no Departamento de Deportes do Concello de Fene. Telf. 981 34 03 66