Inscricións para o verán máis alá

Inscricións para o verán máis alá

Inscricións para o verán máis alá

O mércores desta semana, 7 de xuño, abre o prazo para apuntar aos nenos/as ao Verán Máis Alá de Fene, programa de conciliación da vida laboral familiar  que vai dirixido ao alumnado escolarizado en Educación Infantil e Primaria (idades de referencia, de 3 a 12 anos). Como en anos anteriores, o Concello dará prioridade á hora de inscribirse aos  pequenos/as empadroados en Fene.


Así, os/as veciños/as de Fene interesados en anotar aos seus fillos/as neste programa municipal deberán entregar o 7 ou 8 de xuño no Departamento de Cultura e Deportes (Avda. Naturais de Fene, 44, entrechán) a ficha de datos -que se pode descargar na web municipal www.fenecidadan.gal- e un volante de empadroamento no que se acredite que o neno/a leva empadroado en Fene como mínimo dende o 2 de maio de 2017.  O venres 9 de xuño tamén se poderán inscribir os/as veciños/as doutros Concellos (entregando únicamente a ficha de datos), sempre que queden prazas libres. Coma todos os anos, as 120 prazas previstas por cada quincena cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
O luns 12 de xuño publicarase na web www.fene.gal  a listaxe dos/as participantes no XV Verán Máis Alá!


O  “Verán máis alá” de Fene é un espazo lúdico-educativo non regrado no que se practica e fomenta o galego como lingua de uso, amais de “promovérense contidos transversais que respondan aos problemas sociais e que teñan presente a formación en valores: educación para a paz e a non violencia, a tolerancia, a solidariedade, a igualdade social, a igualdade entre mulleres e homes, etc.”
O Verán Máis Alá 2017 desenvolverase do 3 ao 28 de xullo nas instalacións do CEIP Centieiras de Perlío.


O custe da actividade (todo o mes) ascende a 68,15 € para o primeiro membro da unidade familiar matriculado, e a 36,70 € a partir do segundo membro da unidade familiar. No caso de apuntar ao/á pequeno/a durante unha quincena nada máis, o custe será de 34,08 € para o primeiro membro da unidade familiar matriculado, e de 18,35 € a partir do segundo membro da unidade familiar.

Máis información: no Departamento de Cultura do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán dereita, 15500 Fene) Teléf.: 981 340 366. Correo electrónico: cultura.deportes@fene.gal ou na web www.fene.gal

Descargas