Choiva de medallas no campionato galego de Ximnasia Artística para o Club Ximnasia Artística Ferrolterra

As ximnastas do club fenés acadaron un total de 25 medallas

Choiva de medallas no campionato galego de Ximnasia Artística para o Club Ximnasia Artística Ferrolterra

O Club Ximnasia Artística Ferrolterra volve estar de noraboa a tenor dos excelentes resultados que veñen de acadar as súas ximnastas no Campionato Galego de Ximnasia Artística Feminina que tivo lugar na cidade da Coruña o pasado sábado: nove medallas de ouro, seis de prata e 10 de bronce. Ao éxito acadado súmase agora tamén o feito de que algunhas ximnastas do club vaian participar en breve no Campionato de España que se celebrará en Valladolid do 10 ao 16 de xullo.
As ximnastas do Club Ximnasia Artística Ferrolterra que subiron ao podio no Campionato Galego de Ximnasia Artística Feminina 2017 foron:
Categoría Inigym 1  (6 anos)
- Emma  Ares Viñas - Medalla ouro  na suma dos catro aparatos.

Categoría Inigym 2 (7 anos)
- Irene Sequeiro Lorenzo - Medalla de ouro na suma dos catro aparatos.

Categoría Promogym 1 (7, 8, 9 anos)
- Icia  Arroyo Alvarez - Medalla de ouro en chan


Categoría Promogym 3 (10 e máis anos)
- Tyesha Vicente Humpries - Medalla de ouro en barra  e  medalla de bronce na xeral dos catro aparatos
- Judith Lago Varela - Bronce en chan, ouro en asimétricas e medalla de prata na clasificación Xeral.
- Alba Iglesias, Paula  Parada, Ainhoa Tenreiro, Tyesha Vicente Humpries e Judith Lago Varela - Campioas Galegas por equipos.

Categoría Nivel 1 (idades de 7, 8 e 9 anos)   
- Andrea Martín Iglesias - Medalla de bronce en salto, chan e barra.
- Alba González Gorgullo- Medalla prata en asimétricas  e medalla de bronce na xeral suma dos catro aparatos.
- Lola Cainzos Díaz, - Medalla de bronce en asimétricas, medalla prata en barra e chan e medalla de prata na xeral dos catro aparatos (polo tanto Subcampioa Galega de Nivel 1).


Categoría Nivel 2 (idades de 11 anos e menos)
- Cintia Fernández Sanmartín - Medalla de bronce en asimétricas e salto e medalla de bronce na Xeral.
- Tatiana López Rivas - Medalla de ouro en chan, salto e paralelas,  medalla  de prata en barra, e  medalla de ouro na xeral (e, polo tanto, Campioa Galega de Nivel 2 Pequenas).

Dende o Club Ximnasia Artística Ferrolterra faise unha valoración “moi positiva” dos resultados acadados polas súas ximnastas neste Campionato Galego. Así, a través dun comunicado, a entidade asegura que “se cumpriron os obxectivos marcados, tendo en conta que tódalas ximnastas competiron nunha categoría ou nivel  superior ao ano anterior”. No mesmo documento, agradécese o traballo das/os adestradoras/es (Gaby Doce,  Carmen Carballeira,  Juncal Martín, Sonia Busto,  Borja Díaz e Olalla Sas) aos que se felicita polos resultados conseguidos.